Ribeira acollerá o “XVII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia”

05 Abril 2025

Do 17 ao 20 de xullo de 2025, Ribeira converterase na capital da cultura marítima coa celebración do XVII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. Este evento emblemático regresa ás súas raíces, xa que foi nesta vila onde se realizou a primeira edición en 1993. Con 32 anos de historia, o Encontro segue consolidándose como un referente na promoción da tradición mariñeira galega.

Na presentación oficial do evento, que tivo lugar hoxe, os organizadores —a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (Culturmar), o Concello de Ribeira e a Real e Ilustre Confraría da Dorna— deron a coñecer o cartel e o vídeo promocional. Entre as actividades previstas para os catro días destacan concertos, teatro, exposicións e obradoiros. Ademais, prevese a chegada duns 150 barcos procedentes de diversos puntos da península, Europa e mesmo América, coa destacada presenza dunha delegación chilena.

O presidente de Culturmar, Xosé Luis Sacau, subliñou que este Encontro “volve á casa” e apelou á cidadanía para que decore as súas vivendas con motivos mariñeiros, contribuíndo a que Ribeira sexa “o epicentro da cultura marítima mundial”. Pola súa banda, o alcalde, Luís Antonio Pérez Barral, destacou o orgullo de acoller este evento e o seu impacto na promoción do patrimonio marítimo, cultural e gastronómico da vila. Finalmente, o presidente da Confraría da Dorna, Juan José Segade, reafirmou o forte vínculo de Ribeira coa tradición mariñeira, sinalando que “a nosa cultura saíu do mar”.

Na páxina web oficial do Encontro poderase consultar a programación cultural completa e o vídeo promocional, así como información sobre as embarcacións inscritas e as oportunidades de voluntariado.

Promoción do “XVII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia”

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.