Rianxo volve render homenaxe á Revolução dos Cravos, este 25 de abril no Cuartel Vello

21 Abril 2025

O Cuartel Vello de Rianxo vai acoller este venres 25 de abril a tradicional homenaxe do pobo de Rianxo á Revolução dos Cravos de Portugal (Revolución dos Caraveis). A XI convocatoria para cantar o Grândola celebrarase esta sexta feira, venres, ás 20.30 horas e terá novamente formato de encontro musical, conmemorativo e aberto, coa participación de Helena de Afonso, José Lara e Orjais.

Como lembraremos, tal día como este 25 de abril trunfou no país irmán, Portugal, a Revolução dos Cravos, que, impulsada polos capitáns do Exército, puxo fin a décadas de ditadura (en 1974) cunha revolución pacífica e solidaria na que as flores (os caraveis ou cravos) e a música de Zeca Afonso foron os principais estandartes.

O encontro deste venres en Rianxo será aberto a todas as persoas interesadas en participar, sen necesidade de inscrición previa

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.