Rianxo celebra este sábado 5 a Xornada de Honra das Madriñas Republicanas

03 Abril 2025

O antigo campo de concentración de Rianxo converterase este sábado 5 de abril no escenario de homenaxe ás Madriñas Republicanas, coa celebración dunha xornada na súa honra organizada pola área de dereitos civís da Deputación da Coruña e a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza, coa colaboración do Concello, Nova Escola Galega, O Faiado da Memoria e a Asociación Cultural Barbantia. Así o anunciaron a deputada de dereitos civís, Soledad Agra, o alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, e o presidente da dita Comisión, Carlos Cimadevila.

O acto comezará ás 11:00 horas no antigo campo de concentración de Rianxo coa inauguración dun busto en honra de Dolores Rodríguez Sende, madriña do dito centro de reclusión franquista.

Logo, ás 12:00 horas, a xornada trasladarase ao auditorio de Rianxo, onde terá lugar un relatorio e mesa redonda sobre o papel das mulleres durante a Guerra Civil, o franquismo e a transición coa participación das investigadoras Aurora Marco, Montse Fajardo e María Fernández, expertas en memoria histórica e na loita das mulleres durante a ditadura.

Para rematar desenvolveranse as actuacións de Bernal Muíños e do grupo local Barahúnda, que poñerán música á memoria e á resistencia.

Durante a súa intervención, a deputada de dereitos civís, Soledad Agra,  explicou o obxectivo do proxecto: “Poñer en valor o traballo altruísta de moitas mulleres que se acercaban aos campos de concentración (que os había nesta provincia) que se puxeron en marcha na guerra civil e se mantiveron en moitos casos durante a ditadura”. Trátase, dixo, dun recoñecemento “á solidariedade de veciños e veciñas que apoiaban aos presos, levándolles comida, lavándolles a roupa, facéndolles compañía…”.

Agra apuntou que “é necesario recordar, homenaxear e dar a coñecer estas situacións cada vez máis ante os discursos políticos que as invisibilizan, pois recordar a nosa historia é recordar os sufrimentos que nos traen as guerras, onde se perseguiron ademais a persoas que defendían dereitos dos que agora podemos desfrutar”. E, engadiu, “calquera acto de recuperación daquel sufrimento contribúe á paz e a concordia, para combater os discursos de odio que nos fan volver a tempos escuros”.

O alcalde, Julián Bustelo, referiuse á “axuda mutua constituída por veciñas do entorno que como boamente podían axudaban aos presos do campo de concentración, todos traballadores que por razóns políticas estaban aí, a pesar de que non tiñan ningunha relación, eran descoñecidos”. “Esta rede de mulleres”, engadiu, “merece este recoñecemento”.

Pola súa parte, o presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Barbanza, Carlos Cimadevila, agradeceu ás dúas institucións “o traballo e a colaboración”, para levar a cabo esta xornada na que se “inaugurará un busto de Dolores Rodríguez Sende, obra do escultor Ricardo Dávila, que foi madriña republicana con tan so 5 anos”, explicou, e salientou a “importancia” de “manter viva a memoria destas mulleres, das súas accións e recoñecer o seu papel social”. Cimadevilla convidou á veciñanza a participar “neste acto de lembranza e recoñecemento para manter viva a memoria de quen loitou pola dignidade e a liberdade”.  

Imaxe do antigo campo de reclusión franquista de Rianxo, hoxe desaparecido

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.