Precísanse máis doazóns de sangue ante a Semana Santa

12 Abril 2025

O chamamento que realiza ADOS pretende garantir o subministro de sangue e contrarrestar o previsible descenso das reservas

Un ano máis coa proximidade das vacacións de Semana Santa desde a Axencia de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos realízase un chamamento á solidariedade e xenerosidade da poboación para que acuda a doar sangue.

Durante estas datas festivas está previsto que se realicen numerosos desprazamentos e se rexistre unha menor asistencia ou deslocalización dos doantes habituais por mor das vacacións que podería afectar as reservas sanguíneas. Para evitar esta situación e garantir o subministro de sangue, desde ADOS fan un chamamento á cidadanía, co obxectivo de reforzar as doazóns e contrarrestar o previsible descenso nos niveis de reservas, así como completar as necesidades dos diferentes grupos sanguíneos.

Hai que ter en conta que durante este período vacacional, os hospitais continúan demandando unha subministración diaria de hemoderivados para atender máis de 2.800 urxencias, 800 intervencións cirúrxicas, transplantes de órganos e máis de 1.600 atencións nos hospitais de día.

Lembrar que en Galicia precisamos entre 400 e 500 doazóns diarias para axudar a milleiros de doentes e posibilitar o desenvolvemento desta intensa labor asistencial dos hospitais galegos. Para iso, ADOS dispoñe de locais de doazón situados nas sete principais cidades e tamén de 10 unidades móbiles que percorren cada día a comunidade Galega recollendo solidariedade. A Axencia quere salientar a importancia de aumentar a participación nestes sensibles períodos que presentan dificultades engadidas para manter estable a frecuencia e o volume de doazóns.

Outros artigos

Unha delegación de Angola visita en Ribeira a Escola Náutico-Pesqueira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañou no día de hoxe a unha delegación procedente de Angola durante a súa visita á localidade que arrancou na Escola Oficial Náutico-Pesqueira para coñecer o modelo pesqueiro galego, con especial énfase na pesca tradicional....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.