Porto do Son estreou unha das novas oficinas móbiles de renovación de DNI e pasaporte

25 Abril 2025

O Concello de Porto do Son acolle dende este venres 25 de abril o novo servizo de unidades móbiles para expedir ou renovar o DNI ou pasaporte en apenas 10 minutos, ao igual que sucede en comisaría.

Ata agora existían este tipo de unidades móbiles, pero tan só se podían facer trámites relacionados co DNI e, ademais, era preciso unha espera de tres días entre a entrega de datos e a recollida do documento.

Así, unha destas unidades estará situada na fachada marítima de Porto do Son, ao carón do Club Náutico, de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00 horas. As persoas interesadas xa poden reservar unha cita a través do teléfono 881 98 85 50.

O alcalde, Luis Oujo, visitou hoxe a oficina móbil que visitará todos os meses o municipio sonense.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Días de inverno ou de abril”. Luís Celeiro

“Días de inverno ou de abril”. Luís Celeiro

Era un día de choiva, como moitos outros deste ano e de anos anteriores, chovía sen parar tampouco paraba a chuvia no chan. Era un día como moitos, chovía a destempo aquí e alí, aun par de quilómetros, o sol quentaba as canelas e o carrelo da xente que pasaba. Era...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.