“Por unha infancia lectora en Galicia”. Victor Manuel Serén Cañás

21 Abril 2025

Coa chegada do Día Internacional do Libro, paréceme un bo momento para
reflexionar sobre a capacidade lectora e de comprensión dos nenos e nenas
galegos. Aínda que en Galicia temos programas como “Ler Conta Moito”, que
pretenden achegar a nenos e nenas ós libros, moitas persoas seguen considerando
a lectura como algo que se impón, máis que como unha actividade amena.
A lectura non só mellora o vocabulario ou a ortografía; tamén abre a mente,
esperta a imaxinación e ensínanos a poñernos na pel dos demais, desenvolvendo a
capacidade da empatía. Por iso é preocupante que o hábito lector non estea tan
arraigado como debería a idades temperás.
Non abonda con fomentar a lectura dende a escola. As institucións, os medios de
comunicación e as familias teñen moito que aportar para que os libros sexan parte
natural da infancia e da mocidade, sen que sexa visto como unha obriga.

Aproveitemos o Día Internacional do Libro para lembrar que, se queremos unha
Galicia con máis persoas libres, creativas e críticas, hai que inculcar a afección pola
lectura dende a infancia. Deste xeito crearemos un futuro un pouco mellor.

Victor Manuel Serén Cañás, dende Carballo

Outros artigos

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.