Padrón festexa o Mes do Libro con obradoiros,un contacontos e unha solta de exemplares

02 Abril 2025

O Concello de Padrón anunciou unha variada programación cultural para conmemorar abril, Mes do Libro. As actividades, todas gratuítas e abertas ao público, inclúen obradoiros para todas as idades, un contacontos infantil e unha exposición de viñetas de Castelao na Biblioteca Municipal, dispoñible durante todo o mes para homenaxear o escritor e político rianxeiro nos 75 anos do seu pasamento.

A axenda arrinca o mércores 9 de abril co obradoiro “Alimentos baixo a lupa, a ciencia que nutre!”, dirixido a familias. A actividade, organizada por Arenaria Coordinación, busca desmontar mitos alimentarios e mellorar o coñecemento nutricional dos participantes desde unha perspectiva científica. O venres 11, promoverase a lectura coa liberación de libros en distintos puntos do municipio, en colaboración coa Oficina Municipal de Voluntariado.

O martes 15 será a quenda dun obradoiro dedicado á banda deseñada. Xosé Tomás, recoñecido debuxante e guionista, ofrecerá consellos prácticos para persoas maiores de 12 anos que queiran achegarse a esta arte. Finalmente, o mércores 23 de abril, Día do Libro, Bea Campos presentará o contacontos “Contos con xeito”, ideal para nenos e nenas a partir de tres anos, cunha combinación de humor e toques de misterio.

Todos os eventos requiren inscrición previa, que se pode realizar presencialmente na biblioteca ou por teléfono nos números 981 810 761 e 645 846 479. O Concello anima á veciñanza a participar activamente e desfrutar destas actividades culturais e do amplo catálogo literario dispoñible.

Padrón celebra abril como o Mes do Libro con obradoiros, contacontos e exposicións

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la furia al talento” – José Castro López

“De la furia al talento” – José Castro López

El próximo fin de semana vuelve la Liga y es un buen momento para recordar el triunfo de La Roja en el Mundial y desear que el fútbol español conserve los valores que hicieron posible aquella gesta. En los Juegos Olímpicos de Amberes de 1920, España se enfrentaba a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.