Padrón celebrará este luns 14 de abril a 2ª edición do Día da Memoria Democrática Padronesa

09 Abril 2025
Pola esquerda: Laura Horta, Mariló Saco, Xosé Luis Amigo, Anxo Arca, Xosé García Lapido, Ana Castro e Anxo Angueira (presidente Fundación Rosalía de Castro)

O Concello de Padrón celebrará este luns 14 de abril a segunda edición do Día da Memoria Democrática Padronesa, un evento institucional creado en 2024 para honrar ás vítimas da represión franquista e promover valores como a xustiza e a liberdade.

O acto, que se celebra no Auditorio Municipal ás 18:00 horas, contará coa participación da Banda Municipal de Padrón, a lectura de textos por parte da asociación feminista Moradaura e a actuación do dúo de acordeóns Ad Libitum, que xa estivera presente na primeira edición interpretando pezas emblemáticas como ¡Ay, Carmela! ou o Himno de Riego. A cita inclúe tamén un acto institucional no que intervirá o alcalde, Anxo Arca, acompañado da corporación municipal.

A celebración deste ano chega poucos días despois de que o pleno da Corporación aprobase a proposta do Goberno local para retirar os recoñecementos honoríficos concedidos a Francisco Franco no ano 1945. Esta decisión, adoptada en cumprimento da Lei de Memoria Democrática, supón “o inicio dun plan para a retirada gradual da simboloxía franquista que aínda persiste en distintos puntos do municipio como parte dun compromiso máis amplo co recoñecemento das vítimas e coa recuperación da memoria histórica”, informaron fontes do Concello.

O I Día da Memoria Democrática celebrouse o pasado ano no Xardín Botánico-Artístico con grande acollida por parte da veciñanza. Aquel acto incluíu unha homenaxe a Xosé García Lapido e Xosé Luís Amigo, referentes da loita pola liberdade e a memoria en Padrón. Nesta ocasión ofrecerase un recoñecemento a Alberte de Esteban Gracia, un dos grandes referentes do movemento anarcosindicalista e da educación na lingua e literatura galega, que exerceu tamén como profesor no IES Macías o Namorado de Padrón.

O Concello convida á todas as persoas a participar neste acto colectivo de memoria, co que Padrón continúa avanzando na dignificación das vítimas e na recuperación da nosa historia común.

Outros artigos

Venres de calor, ceos despexados e ventos do nordés

Galicia afrontará este venres 12, unha xornada marcada pola estabilidade atmosférica e a chegada de aire cálido, cunha situación dominada polo anticiclón e a circulación do nordés. Agárdanse ceos moi despexados en xeral. As temperaturas subirán de forma moderada e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“No lo entiendo, no lo comparto y soy opuesto” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...