Padrón acolle unha nova edición do programa da USC Camiños de Coñecemento e Experiencia para maiores de 50 anos

24 Abril 2025

O programa formativo da USC para persoas maiores doutros concellos diferentes a Santiago, o programa Camiños de Coñecemento e Experiencia, regresa en xuño ao concello de Padrón para ofrecerlles formación universitaria á poboación sénior local. Esta iniciativa inclúe tres seminarios temáticos de dúas sesións cada un, que se desenvolverán entre o 2 e o 10 de xuño, de catro e media a seis da tarde. A matrícula é gratuíta e pode realizarse no Centro Social de Padrón, en horario de 9.00 a 14.00 horas.

A edición deste ano arrinca os días 2 e 3 de xuño cun seminario sobre Participación social e comunitaria, para que?, impartido por Iván García, profesor colaborador do Programa Universitario de Maiores da USC, quen abordará o papel da cidadanía maior na construción de comunidades activas e cohesionadas.

Nos días 4 e 5, o foco estará no patrimonio fluvial co seminario Muíños e pontes no río Ulla, a cargo de Henrique Neira Pereira. A proposta convida a unha reflexión sobre a historia e importancia destas infraestruturas tradicionais na vida e na economía da contorna.

A terceira proposta formativa terá lugar os días 9 e 10 de xuño. Baixo o título Historia da fotografía: unha viaxe desde a cámara escura ata a era dixital, a investigadora Katia Cino Rouco explorará a evolución da fotografía desde os seus inicios ata a actualidade.

Camiños de coñecemento e experiencia. Proxecto de democratización do coñecemento fai parte do Programa Universitario de Maiores IV Ciclo da Universidade de Santiago de Compostela, organizado coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación da Coruña. Na edición de 2025 participan, ademais de Padrón, os concellos de Arzúa, Porto do Son, Muros, Noia, O Pino, Ordes, Outes, A Pobra do Caramiñal, Rianxo, Ribeira, Teo e Vedra.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fronteiras”. Xulio Xiz

“Fronteiras”. Xulio Xiz

Axiña fará catro anos que físicamente nos deixou Darío Xohán Cabana, pero segue entre nós coa obra que nos deixou, especialmente aos chairegos, marcados para sempre.Pensei en Darío estes días cando a invasión de Ceuta por milleiros de marroquís, nova marcha verde,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.