“Ovos, galos e galiñas na capela de Santo Alberte, con tellas na percura de parella”.” Antón Luaces

27 Abril 2025

Na tarde deste luns, os ribeirenses e devotos de Santo Alberte acudirán aos oficios relixiosos que comezan cunha peregrinación que realizarán os romeiros dende o adro da igrexa parroquial de Santa Uxía ata a histórica capela na que, como é tradicional, vai celebrarse unha misa seguida da procesión do santo. Cando esta remate, os romeiros participarán na tradicional muda da tella, acto consistente en tratar de situar no poio dunha ventá tapiada un anaco de tella ou pedra que dará a quen a guinde de tal xeito que permaneza no poio, a posibilidade de contraer nupcias en pouco tempo.

É tamén o día de celebración das tradicionais poxas de galiñas, pitos, galos e ovos cunha recadación que se destina á igrexa e os necesitados da parroquia.

Facía máis de 50 anos que non ía a Santo Alberte. Daquela facíase o camiño a pé -como agora tamén fan os devotos- coa diferencia de que na actualidade así se realiza nunha especie de rito ou auto de fe, e antigamente non quedaba outro remedio que a camiñada xa que logo nin había coches para subir á capela nen estrada que permitise aos poucos que se poideran arriscar chegar á ermida.

Coma sempre, este ano non han faltar nin a música nin os cantos, como tampouco os xogos tradicionais ou as merendas. Sempre foi o de Santo Alberte unha especie de medio día festivo, especialmente pola tarde. E viña ser tradición asistir á romaría con roupa máis ou menos de festa, como ben se pode comprobar na fotografía que alguén nos fixo a un grupo de amigos -varios deles xa finados- entre os que está un dos    mellores mecánicos de motos (“Nino”), Gerardo Gil,  Dieste, Pepe Castelao e quen subscribe.

    A capela de Santo Alberte data do século XI, ende ben so se conserva o presbiterio como pertencente á época románica. O resto da nave, de escasas dimensións, corresponde ao século XVIII. A capela maior conserva dúas semicolumnas e unha ventá románica no testeiro con arco de medio punto. Os muros son de cantería irregular de granito.

Inicialmente, a romaría tiña como obxectivo pedir pola pronta chegada a porto dos mariñeiros e sempre foi moi seguida polas mulleres destes, que significaron a mesma movendo unha das tellas da cuberta da capela, de onde se deriva, sen dúbida, a muda da tella, con esa variante de que a muller que logra deixar a tella no poio da ventá, atopa mozo de contado. 

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

Días atrás Donald Trump prometió premiar a todos los estadounidenses adultos con 5.000 dólares si su partido triunfa en las elecciones legislativas. Una compra de votos a todas luces imposible de cumplir legal, administrativa y económicamente. Un fraude contra la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.