
O PSdG de Rianxo, a través do seu voceiro Óscar Rial, compartiu un comunicado no que mostra a súa preocupación polos baixos das Casas dos Mestres, vivendas que foron obxecto dunha recuperación recente (co obxectivo de poñelas a disposición de fogares vulnerábeis) e, con todo, o proceso non foi integral e non abrangeu os andares baixos dos imóbeis. Estender o proceso de rehabilitación, sinalan, é “unha obra imprescindíbel para garantir a seguridade das vivendas superiores”. Tamén admiten “descoñecer cales son os motivos de non licitación desta obra, e a pesar de solicitar información, non temos resposta, por parte municipal”, e todo isto, indican, “malia o potencial destes espazos para dinamizar o tecido social e cultural de Rianxo”. E engaden: “Os socialistas apostamos por destinar 273.000 euros do POS Adicional 2024 á rehabilitación deste espazo, unha obra que xa conta con todos os permisos necesarios e que permite non só garantir a seguridade estrutural do edificio, senón tamén dotar ao municipio dun novo espazo social para a veciñanza”.
O grupo apunta tamén que “insistimos en que este investimento é urxente, contamos con fondos e compatibilidade técnica para executar unha obra de inmediato. Máis alá dá necesidade estrutural, a rehabilitación dos baixos da vivenda dos mestres permitiría dotar ao municipio dun espazo social útil e accesíbel, algo do que Rianxo carece destes momentos. Recentemente puidemos comprobar como veciños e veciñas tiveron que desprazarse a gatas, ou sentados para poder acceder a un dos locais de uso municipal por parte desta veciñanza. O investimento en infraestruturas sociais debe ser unha prioridade para calquera goberno que realmente pensa non beneficiar á súa veciñanza. Desde o PSOE de Rianxo esiximos ao Goberno local que rectifique á súa postura e asuma á súa responsabilidade na xestión deste inmóbel, e tan siquiera nos responsa informando en que situación está”.




