Os servizos de emerxencias rescataron unha persoa que caeu á ría en Noia

06 Abril 2025

Eran as 13:30 horas cando o 112 Galicia foi informado do suceso, a través dos membros do GES de Noia: unha persoa caera á ría desde uns catro metros de altura, nunha zona de lama entre os diques de San Lázaro e Cadarso, e precisaba atención sanitaria.

Os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, do GES de Noia, da Garda Civil e da Policía Local. Tamén se informou a Salvamento Marítimo, ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos voluntarios de Protección Civil do municipio.

Así, o GES encargouse das tarefas de rescate, tralo que a persoa implicada sería evacuada en ambulancia ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago. A caída provocoulle lesións nas costas e na cabeza.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.