“Para as cantareiras, parabéns”. Luís Celeiro

26 Abril 2025

Elas son as cantareiras, van ledas e aledan ao entorno, cantan e bailan, tocan e falan. Son
das nosas, recoñecidas e apreciadas por todos. A Real Academia Galega (RAG) neste ano
2025 dedícalles o Día das Letras Galegas, para orgullo de todos os cultivadores e defensores
da cultura popular, para orgullo de nós. A RAG personaliza esta homenaxe en Adolfina e
Rosa Casás Rama, de Cerceda; Eva Castiñeira Santos, de Muxía, e en catro pandeireteiras de
Mens (Malpica), Manuela Lema, Teresa García Prieto, Prudencia e Asunción Garrido
Ameixenda.
Ana Boullón e Antón Santamarina publican na páxina da Academia cadanseu artigo sobre
este particular, “Da tradición á vangarda” e “Cantar para gañar galegofalantes”,
respectivamente. En ambos casos dan conta da importancia e do enraizamento destas
manifestacións culturais no ser de Galicia, coa poesía e a música en perfecta harmonía e
inseparables dende a idade media.
Todos contentos porque esta é “unha homenaxe ao pobo que mantivo viva a lingua e o
relevo dunha tradición”. A Academia, segundo puxo de manifesto Víctor F. Freixanes, quere
facer coas Letras Galegas deste ano un “recoñecemento ao propio pobo galego que durante
séculos mantivo viva a nosa lingua, e en particular ás persoas que crearon de forma
anónima a poesía popular”, fundamentalmente mulleres de aquí e de acolá.
Henrique Monteagudo, académico veterano e recentemente elixido presidente (4 de abril
de 2025), presidirá o dezasete de maio o pleno extraordinario da Academia en Malpica de
Bergantiños e alí están previstas tamén, a modo de alocucións, as intervencións de Ana
Boullón, Antón Santamarina e Xesús Alonso Montero. Serán, a bo seguro, magníficas e
interesantes leccións, para seguir e recordar.
Esta homenaxe servirá para que o mundo, e mesmamente as persoas de orixe galega ou
que viven en Galicia, saiban da nosa riqueza musical, da súa diversidade e das investigacións
sobre a mesma. O Cancioneiro Popular Galego de Dorothé Schubarth e Antón Santamarina,
promovido pola Fundación Barrié, é unha das obras senlleiras que debemos coñecer e
difundir.
A Música, a poesía e a cultura popular son como a memoria cantada do pobo que traballa,
que soña, que respecta o pasado e mira para o futuro. “Son, como di a Tía Manuela,
alicerces fundamentais da identidade colectiva”. Parabéns!

Outros artigos

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.