Os maiores do Son teñen até o 25 de abril para confirmar a súa asistencia á Xuntanza de Confraternidade

20 Abril 2025

Comezou finalmente a conta atrás para a celebración, o vindeiro xoves 1 de maio, da tradicional Xuntanza de Confraternidade que organiza o Concello de Porto do Son co obxectivo de honrar as persoas maiores do municipio. A xornada dará comezo ás 12:00 horas cunha misa na igrexa de San Vicente de Noal, que contará coa participación do Coro Parroquial de Porto do Son. Máis tarde, ás 14:00 horas, os asistentes poderán desfrutar dun xantar na carpa instalada no xardín da zona portuaria.

A participación no xantar será gratuíta, pero será necesario confirmar asistencia de maneira previa. As inscricións poderán realizarse de forma presencial na Área de Benestar Social do Concello até o venres 25 de abril, presentando o DNI orixinal no momento da inscrición. O Concello tamén habilitará un servizo de autobuses para facilitar o acceso ao evento.

Para máis información, as persoas interesadas poden contactar co departamento correspondente chamando ao teléfono 981 86 74 14, en horario de 9:00 a 13:00 horas.

O alcalde, Luís Oujo, expresou a súa satisfacción por poder presentar esta nova edición da Xuntanza de Confraternidade, un evento con gran tradición no municipio e que serve como espazo de encontro para os nosos maiores.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.