Os alcaldes de Ames, Padrón, Dodro, Rianxo, Boiro, A Pobra e Ribeira volven reclamar a necesidade de liberalizar a AP-9

15 Abril 2025

Os alcaldes dos Concellos de Ames, Padrón, Dodro, Rianxo, Boiro, A Pobra e Ribeira volven pronunciarse sobre a necesidade de liberalizar a AP-9, destacando a importancia estratéxica do treito Santiago-Padrón. Fano trala publicación da conta de resultados de Audasa, que facturou máis de 210 millóns de euros no ano 2024. Os rexedores dos Concellos asinantes do manifesto para á liberalización da AP-9 o pasado mes de febreiro entenden que a solicitude enviada ao Ministerio de Transportes para a creación dunha mesa de diálogo entre Concellos afectados e Goberno de España para abordar a gratuidade desta infraestrutura dende un punto de vista municipalista é “máis necesaria que nunca”.

Os rexedores conclúen que “AUDASA está esquilmando aos nosos veciños e a nosa actividade económica, o tramo Santiago-Padrón en particular e AP-9 en xeral debe ser libre canto antes”. Deste xeito responsábeis locais de distinto signo político volven unirse para “facer patente a necesidade de abordar esta situación dende un punto de vista apartidista e poñendo ás persoas como prioridade á hora de actuar.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Luz e memoria”. Luís Celeiro

“Luz e memoria”. Luís Celeiro

Efectivamente, parece que o clima ten memoria para repetir episodios doutros tempos, facendocertezas do refrán popular, “nunca choveu que non escampara”, enraizado na nosa cultura e dandofe de que a choiva forma parte da paisaxe e da vida diaria en Galicia, de modo...

“Therians”. Xulio Xiz

“Therians”. Xulio Xiz

En terras relacionadas coa miña nenez, circulaba mediado o pasado século unha historia de amores nefandos, dos que se contaba que naceran pequenos monstros mestura de humano e cánido, que a familia se ocupara de facer desaparecer. Non se sinalaban persoas pero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.