O Torneo de Chave das Festas de Pascua de Padrón celebrarase do 23 ao 25 de abril

04 Abril 2025

O tradicional Torneo de Chave, unha das citas clave da axenda das Festas de Pascua de Padrón, celebrará a súa undécima edición entre os días 23 e 25 de abril no paseo do Espolón.

A competición, de carácter individual, contará cunha fase clasificatoria os días 23 e 24 de abril a partir das 18:00 horas, mentres que a fase final terá lugar o venres 25 de abril. Ese mesmo día disputarase tamén o campionato infantil, dirixido a rapazas e rapaces menores de 16 anos, que se desenvolverá entre as 17:00 e as 18:00 horas.

As persoas interesadas en participar poden inscribirse ata o mércores 23 de abril ás 14:00 horas na oficina de deportes do Centro Social ou chamando aos teléfonos 664 07 69 74 ou 660 977 037.

Na edición de 2024 non houbo sorpresas e Ciríaco proclamouse campión do torneo, seguido de Luis e Ángel, nunha competición que contou con 24 xogadores e unha xogadora.

O torneo infantil tamén tivo unha ampla participación, con 16 nenos e nenas, o que confirma o relevo xeracional desta práctica tradicional.

O Torneo de Chave das Festas de Pascua de Padrón segue consolidándose como unha cita destacada dentro do programa festivo, “combinando competitividade, tradición e participación interxeracional”, informou o Concello.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

O que foi e o que non é;  o que puido ser e a realidade converteu nunha experiencia máis para todos; o que o presidente autonómico canario quixo transmitir coma un relato propio daquel personaxe que foi "Cantinflas", quedará gravado para sempre na memoria de cantos, a...

“Noia sí, Lugo no” – Carlos Moledo

“Noia sí, Lugo no” – Carlos Moledo

Hay una vieja trampa del poder que consiste en creer que las herramientas de la política pertenecen a quienes las inventan. Que el garrote es legítimo en tus manos y criminal en las del adversario. Que la ley vale cuando te protege y es injusta cuando te golpea. La...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.