O río Tins centrará dúas novas accións de voluntariado ambiental na Serra de Outes

07 Abril 2025

O proxecto de renaturalización do río Tins en Outes (Renatur_Outes) programou dúas novas accións de voluntariado ambiental para este mes de abril, centrándose no percorrido final do leito fluvial até a súa desembocadura no esteiro, xa en Rede Natura 2000. A primeira convocatoria será o venres 11 para a recollida de lixo, e contará coa colaboración da Asociación A Creba, estando aberta á participación de calquera persoa que se queira achegar.

A segunda xornada será o martes 15 como parte das actividades do Campamento de Semana Santa de Outes e estará pensado para as máis cativas, que aprenderán a identificar e retirar as distintas especies exóticas invasoras presentes no tramo urbano no río.

As accións teñen “o dobre obxectivo de eliminar as especies exóticas invasoras presentes neste espazo protexido e continuar coa recollida de lixo procedente das enchentes do pasado inverno”, informaron as entidades responsábeis do proxecto, engadindo que para participar apenas é preciso enviar un correo electrónico a info@montescola.org ata o día previo a cada actuación.

Liderado polo Concello de Outes, Renatur_Outes conta coa participación de investigadores das tres universidades públicas galegas, a Fundación Montescola e o CEER (Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia- Norte de Portugal) e o apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

No eixo do proxecto están a recuperación do bosque de ribeira, o control de especies exóticas invasoras, como as distintas especies de acacia presentes (Acacia dealbata e Acacia melanoxylon), a Tradescantia fluminensis ou as plantas do xénero Crocosmia, a limpeza de residuos da contorna fluvial, e a sensibilización ambiental mediante accións de voluntariado, formativas e divulgativas, fomentando a participación pública da cidadanía de Outes mediante sesións de gobernanza cidadá ao longo de toda a vida do proxecto. Desde xeito non só se pretende alcanzar unha recuperación e mellora da biodiversidade, mais xerar un compromiso social máis alá da propia vida do proxecto.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.