O programa Ler Conta Moito ofrecerá máis de 600 actividades en preto de 200 concellos galegos

01 Abril 2025

O programa de dinamización da lectura nas bibliotecas Ler Conta Moito chegará este ano a un total de 194 concellos, que programarán máis de 600 actividades en 243 centros da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. Así se recolle na resolución da convocatoria que se publicará nos vindeiros días no Diario Oficial de Galicia (DOG) e que inclúe unha achega de 195.000€.

Esta iniciativa da Secretaría Xeral de Lingua (Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude) facilita que os concellos programen un mínimo de dúas actividades que poderán escoller do catálogo Ler Conta Moito, dispoñíbel na web da Rede de bibliotecas públicas de Galicia. Trátase dun repositorio que inclúe obradoiros creativos, contacontos, exposicións, propostas de música, maxia ou teatro, entre outras.

O Goberno galego achegará ata un 75% do custo total das actividades. Lembrar que o ano pasado participaron neste programa 184 municipios que acolleron máis de 600 actividades en 232 bibliotecas, coa “intención de ofrecer alternativas de lecer a todos os galegos e galegas sexa cal sexa o seu lugar de residencia”.

Esta medida enmárcase no compromiso da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude na promoción do sector cultural galego en todas as súas vertentes. Ademais deste programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas, a Xunta lembrou que está a investir máis de 3 millóns de euros noutras convocatorias para o sector do libro como as dirixidas ás librarías e o apoio ás feiras do libro de Galicia con 13 paradas en distintas cidades e vilas, tradución de obras, adquisición de novidades editoriais e subvencións ás empresas editoriais.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.