O presidente da Deputación visitará o Pozo do Cachón en Muros para avaliar a súa situación

14 Abril 2025

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, reuniuse este luns 14 de abril coa tenente de alcalde e concelleira de Cultura e Turismo de Muros, Caridad González Cerviño, para abordar a situación do Pozo do Cachón, un dos muíños de marea máis importantes que se conservan en Europa, que permanece pechado ao público debido a diversos problemas estruturais e de conservación, segundo confirmou o Concello este mesmo mes de abril.

En concreto, o Concello de Muros viuse obrigado a suspender as visitas ao inmóbel por mor das filtracións de auga causadas polo mal estado da cuberta e pola afectación que a salinidade está a provocar na pedra do edificio, comprometendo a súa conservación, segundo explicou Caridad González Cerviño.

A concelleira trasladou ao presidente da Deputación a necesidade “dunha intervención para preservar este elemento patrimonial, etnográfico e museístico de gran valor para o concello e para toda a comarca”.

Formoso interesouse pola situación do edificio e comprometeuse a “visitar persoalmente o Pozo do Cachón” acompañado de persoal técnico do departamento de Patrimonio da Deputación para supervisar in situ o seu estado e analizar as posíbeis actuacións que contribúan á conservación deste singular edificio.

O Pozo do Cachón, tamén coñecido como Muíño de Bazarra, foi construído a comezos do século XIX e destaca polo seu dique de máis de 230 metros que aproveita o movemento das mareas para moer o gran. No seu día, chegou a contar con catro moas capaces de transformar máis de 200 quilos de gran por hora.

O muíño foi rehabilitado nos anos 90 con fondos da Deputación da Coruña para transformalo nun centro cultural e museo, sendo un dos principais atractivos turísticos e patrimoniais do municipio de Muros.

Outros artigos

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.