O PP acusa ao Concello da Pobra e a Costas do Estado de incompetencia polos vertidos de hidrocarburos na Ribeiriña

26 Abril 2025

O Grupo Popular critica a “incompetencia” do Concello da Pobra e de Costas polo vertido de hidrocarburos na Ribeiriña

Os deputados Gonzalo Trenor, Magdalena Pérez e Miguel Fidalgo visitaron a zona acompañados do portavoz popular, Manuel Durán

Os deputados do Grupo Parlamentario Popular Gonzalo Trenor, Magdalena Pérez e Miguel Fidalgo lamentaron hoxe a “incompetencia” do Concello da Pobra do Caramiñal e da Demarcación de Costas do Estado por non ofrecer unha solución adecuada aos vertidos de hidrocarburos na zona da Ribeiriña, que obrigaron ao peche de varios bancos marisqueiros.

Nunha visita á zona afectados, acompañados polo portavoz local do PPdeG, Manuel Durán, os populares cualificaron de “incomprensible” que o Concello permitise executar obras nas antigas instalacións de La Onza de Oro sen realizar previamente unha descontaminación do solo, o que, segundo denunciaron, estaría na orixe dos problemas actuais.

“A suposta rexeneración da zona converteuse nun pesadelo”, advertiron, subliñando que a eliminación parcial do recheo sen descontaminar está a provocar filtracións directas ao mar.

Durante a súa intervención, Trenor, Pérez e Fidalgo tamén expresaron a súa preocupación polo “abandono total” das antigas instalacións da fábrica de HADASA, criticando que o goberno local aínda non respondeu ao requirimento da Xunta para coñecer as medidas previstas para mitigar os riscos medioambientais e protexer a saúde pública.

Os deputados destacaron a “dilixencia” coa que actuou a Xunta de Galicia, activando o Plan de Continxencias por Contaminación Mariña Accidental e desprazando efectivos do Servizo de Gardacostas para minimizar os danos ambientais.

Finalmente, acusaron ao “cuatripartito de esquerdas” que goberna no municipio de “intentar ocultar o abandono desta privilexiada zona costeira” e de “facer acusacións infundadas contra a Xunta”, lembrando que a Administración autonómica carece de competencias directas para solucionar o problema, pero que actuou “para evitar males maiores”.

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Unha delegación de Angola visita en Ribeira a Escola Náutico-Pesqueira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañou no día de hoxe a unha delegación procedente de Angola durante a súa visita á localidade que arrancou na Escola Oficial Náutico-Pesqueira para coñecer o modelo pesqueiro galego, con especial énfase na pesca tradicional....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.