O Pleno de Noia aproba por unanimidade reactivar a municipalización do SAF

26 Abril 2025

O Pleno do Concello de Noia aprobou por unanimidade, na sesión celebrada o pasado xoves, a moción presentada por vía de urxencia pola Marea de Noia para reactivar o proceso de municipalización do Servizo de Atención no Fogar (SAF). A proposta, que xa fora aprobada inicialmente en novembro de 2022, estivera paralizada durante máis de dous anos polo goberno municipal.

O alcalde, Santiago Freire, rexeitara previamente incluír o asunto na orde do día dos plenos de marzo e abril, o que obrigou á súa presentación por urxencia. Durante o debate, o executivo local achegou tres informes contrarios á municipalización, aínda que sen cuestionar de xeito expreso a viabilidade da xestión directa, o que, na práctica, supón admitir a súa posibilidade.

No transcurso da sesión, o concelleiro da Marea de Noia, Manolo Seijas, destacou que o obxectivo principal é garantir que “un servizo tan esencial para a cidadanía sexa prestado dignamente”, facendo fincapé na necesidade de mellorar as condicións laborais das traballadoras e dotarlles de mellores medios para o seu labor diario. Seijas tamén lembrou que “desde 2018 conseguimos que se licitase o servizo e mellorasen significativamente as condicións, pero cómpre seguir avanzando”.

A moción aprobada obriga a iniciar de inmediato os trámites técnicos e administrativos necesarios para a municipalización, fixando un calendario con prazos definidos. Ademais, establece a participación activa das traballadoras e dos sindicatos no proceso e a información periódica ao Pleno sobre os avances realizados.

Nun movemento destacado, tanto o Partido Popular como o grupo NO.I.A, que inicialmente manifestaran dúbidas sobre a capacidade do Concello para asumir a xestión directa do SAF, sumáronse finalmente ao apoio da moción, permitindo a súa aprobación por unanimidade.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Testemuña dun golpe anunciado”. Antonio González Millán

“Testemuña dun golpe anunciado”. Antonio González Millán

Estas tardes quedas e frías de inverno son a oportunidade para atallar propósitos que, tempo atrás, e noutras circunstancias, non poderíamos atender. Chove quedo afora. Manan as beizóns da auga do ceo entre parques arborizados e poemas labrados nas pedras da...

“El eterno dilema” – Manuel Domínguez

“El eterno dilema” – Manuel Domínguez

Eterno dilema. ¿El fin justifica los medios, si o no? Mi opinión, todo depende del resultado final. Asesino es quien mata a otro. Pero como siempre hay salvedades, si yo matase a quien tú piensas, y puedes pensar en plural, no seria asesino, sino salvador de muchas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.