O libro de Laura Romero que recolle os 35 anos de andaina de Zënzar preséntase este sábado na Libraría Ula de Outes

09 Abril 2025

Ula Libraría Social, emprazada no 11 da rúa Capela da Serra de Outes, vai acoller este sábado 12 de abril, da man da banda de rock Zënzar, o libro A culpa foi de Zënzar: 35 anos de rock en galego onde os integrantes do grupo falan de todo o seu percorrido pola escena de rock galega ao longo de máis de tres décadas. Será o sábado 12, ás 12:30.

O libro, escrito por Laura Romero, é un proxecto autoeditado de 346 páxinas onde poderemos achegarnos á historia da banda desde o seu xerme máis primario (a banda Átomo a finais dos 70) ata a actualidade. Cun estilo persoal, case fanzineiro, nas páxinas desta publicación conviven texto, ilustración, fotografía e arquivo de todo tipo.

Zënzar, para quen non o saiba, é unha banda de punk rock galega procedente de Meirama (Cerceda), e formada durante o outono do ano 1987.

Son a banda con máis anos de actividade en Galiza facendo rock en galego, polo que son alcumados a miúdo como “os padriños do rock galego”. O vocalista do grupo é o polifacético Xosé Bocixa.

Outros artigos

Venres de calor, ceos despexados e ventos do nordés

Galicia afrontará este venres 12, unha xornada marcada pola estabilidade atmosférica e a chegada de aire cálido, cunha situación dominada polo anticiclón e a circulación do nordés. Agárdanse ceos moi despexados en xeral. As temperaturas subirán de forma moderada e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“El viejo cura de aldea” – Manuel Domínguez

El viejo cura de aldea. ¿Le conocí? Don Juan era un sacerdote muy apreciado por los niños, muchos se turnaban para ser monaguillos. Ciertamente alguna tarde solía repartir algún caramelo entre los niños buenos y los no buenos eran buenos, tal vez traviesos. El maestro...