O Laboratorio Ecosocial do Barbanza organiza no Araño unha xornada de identificación participativa de biodiversidade

14 Abril 2025

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza organiza este domingo 20 de abril unha xornada de identificación participativa de biodiversidade coordinada por Fundación Montescola coa colaboración da CMVMC do Araño: un bioblitz. O punto de encontro será o Campo da Festa do Araño, desde onde partirá a actividade, ás 10:30 da mañá. Está aberta a todos os públicos con inscrición previa até o venres 18 de abril.

A actividade está coordinada por Fundación Montescola coa colaboración da Comunidade do Monte Veciñal en Man Común do Araño, que apoia esta iniciativa de valorización e coñecemento do seu patrimonio natural.

Para quen non o saiba, un bioblitz é unha unha xornada de identificación participativa de biodiversidade na que persoas expertas e veciñanza colaboran para rexistrar o maior número posible de especies presentes nun espazo natural nun tempo limitado. A actividade contará cun grupo multidisciplinar de expertas en botánica, entomoloxía, ornitoloxía e micoloxía. Está aberta a todos os públicos, sen necesidade de coñecementos previos, e pretende achegar a biodiversidade local á cidadanía. As persoas interesadas poden inscribirse até o venres 18 de abril, enviando un correo electrónico a info@montescola.org.

Segundo lembran dende o Laboratorio Ecosocial, o monte do Araño “atesoura zonas de moi alto valor ambiental, aínda pouco coñecidas, como o curso medio e alto do río Te e o seu val, onde se atopa o Pozo Bastón, ou o val que forma o rego do Muíño do Conde, espazos de gran interese ecolóxico e paisaxístico”.

O Laboratorio está financiado con fondos europeos grazas ao apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO), no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU. A coordinación do proxecto do Laboratorio está a cargo da Fundación RIA.

Outros artigos

Poñendo en valor os nosos máis de 2.500 km de costa

A Xunta impulsa o Camiño do Litoral cunha ruta única de norte a sur Alfonso Rueda xunto a un dos sinais identificativos da ruta Galicia conta desde esta tempada estival cun novo proxecto que permitirá a veciños e visitantes desfrutar ao máximo da súa costa ao tempo...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.