«O inimigo está na casa». José Luis Calo

30 Abril 2025


Hoxe levantámonos con esta noticia: O prezo da luz dispárase un 450% despois do
apagamento.
A palabra angustia está emparentada co latín «angustus», o idioma da antiga Roma
tan recorrido polo Presidente do Goberno. O sentimento de angustia vivido este luns
grazas aos acontecementos que se escaparon á rutina ou do cotiá do noso día a día,
polo “apagamento en España”, forzou a comparecencia do presidente Pedro
Sánchez, onde apuntou cara aos «operadores privados» a súa culpabilidade. No seu
discurso, Sánchez non excluíu explicitamente a Rede Eléctrica de España do grupo de
“operadores privados”, a pesar de que esta empresa ten unha participación estatal do
20 % a través da SEPI e a súa presidencia está en mans dunha exministra socialista,
Beatriz Corredor. As compañías eléctricas no noso país está nas mans de
exministros, os cales utilizan a chamada “porta xiratoria”, onde altos cargos políticos,
acaban ocupando postos en empresas do sector enerxético, a miúdo eléctricas. O
feito que une a políticos de dereitas, esquerdas e nacionalistas é a súa afección a
reengancharse nestas empresas tras deixar o cargo, contando con exemplos como
Antonio Hernández, Ángel Acebes, José María Aznar, Isabel Tocino, Josep Borrell… A
lista de acoplados segue crecendo mentres que a factura eléctrica dispárase. Algo
que estamos a aprender é que os partidos políticos, en España, actúan como
«cárteles mafiosos». Vivimos baixo o mandato caciquil político, os oligarcas políticos
repártense o país por áreas de influencia. Cada oligarca goza do seu correspondente
feudo, quen a miúdo utilizaban a súa riqueza para influír na política e nas decisións
gubernamentais. En Europa a Comisión Europea, pola súa banda, instou ao Goberno
español a ofrecer unha explicación clara e técnica sobre o apagamento, subliñando
que a confianza nos sistemas enerxéticos dos países membros é esencial para a
estabilidade do mercado europeo. O que temos que ter claro, é que a medida que se
van desenvolvendo os acontecementos, este desastre sempre o pagan os mesmos,
os cidadáns. «Ante a miña humilde opinión, os únicos responsables son: o estado
español e a Rede Eléctrica».

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

+

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.