O Goberno traballará para protexer e rexenerar os espazos dunares de Xuño e Carnota

01 Abril 2025

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, deu a coñecer os días pasados que o MITECO (Ministerio para a Transición Ecolóxico e o Reto Demográfico) vai destinar máis de 2,5 millóns de euros na protección de 9 espazos dunares da provincia da Coruña, incluídos os sistemas ambientais costeiros de Xuño (Porto do Son) e Carnota. Fíxoo durante unha visita á praia de Morouzos, en Ortigueira, onde supervisou o avance dos traballos que executa o Goberno nesta localidade.

En concreto, a subdelegada comprobou os traballos de delimitación das zonas de tránsito o que permitirá evitar o acceso peonil ao areal polas zonas de duna e reverter así o deterioro da cuberta vexetal. “Estas obras forman parte dunha actuación do Ministerio para loitar contra a erosión na costa da Coruña e, ao mesmo tempo, aumentar a súa resiliencia ante os efectos do cambio climático”, apuntou a subdelegada, que incidiu na importancia de conservar os ecosistemas “para poder seguir gozando de areais tan fermosos como este de Morouzos”.

Ademais de en o de Morouzos, o plan contempla como dixemos actuacións nos ecosistemas dunares de Vilarrube (Valdoviño), San Xurxo (Ferrol), Baldaio (Carballo), Soesto e Traba (Laxe), Nemiña (Muxía), Xuño (Porto do Son) e Carnota, o que permitirá restaurar 33,9 Km de áreas e ecosistemas degradados da costa da Coruña. O orzamento global ascende a 2.558.652,90 euros e prevese que todas as obras estean executadas ao longo de 2025.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.