O espectáculo do CDG “Manuela Rey Is In Da House” comeza a súa xira por Galicia o 30 de abril no novo Auditorio Municipal de Ribeira

24 Abril 2025

O Centro Dramático Galego inicia a semana que vén a xira por Galicia do espectáculo Manuela Rey Is In Da House, que poderá verse ata mediados de maio en oito escenarios das catro provincias, incluído o novo Auditorio Municipal de Ribeira. As dúas primeiras paradas do percorrido serán a do mércores 30 en Ribeira e o xoves 1 en Pontevedra, onde este 24 de abril presentouse esta coprodución galego-portuguesa que recupera a esquecida figura da actriz mindoniense que chegou a ser a estrela do teatro lisboeta na segunda metade do século XIX.

Fran Núñez, director da unidade teatral da Xunta de Galicia, quen asina tamén a dirección escénica e a dramaturxia da peza, participou nesta rolda de prensa xunto con representantes de outras administracións e parte do elenco. Neste senso, explicou que a montaxe foi creada conxuntamente co Teatro do Noroeste-Centro Dramático de Viana do Castelo, o Teatro Nacional D. María II de Lisboa e o Teatro Nacional São João do Porto, afondando así na estreita relación que o Centro Dramático Galego mantén coas principais estruturas da escena lusa no marco do seu traballo a prol da internacionalización do noso teatro e dos seus profesionais.

En Manuela Rey Is In Da House, esta conexión galego-portuguesa esténdese tanto á composición dos equipos artístico e técnico como á propia temática, inspirada na historia da actriz Manuela Rey, nacida en Mondoñedo en 1842 e falecida en Lisboa en 1866, aos 23 anos de idade.

Novo calendario de representacións

Despois da súa estrea a finais de 2023 no Festival de Teatro Viana do Castelo, para se presentar en 2024 en Santiago de Compostela, así como noutros certames portugueses, esta primavera Manuela Rey Is In Da House regresa a Galicia para unha xira co seguinte calendario: 30 de abril ás 21,15 h. no Auditorio Municipal de Ribeira, 1 de maio ás 21,00 h. no Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra, 2 de maio ás 20,00 h. no Auditorio Municipal de Vigo, 3 de maio ás 20,30 h. no Teatro Rosalía Castro da Coruña, 8 de maio ás 20,30 h. no Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo, 10 de maio ás 20,30 h. no Auditorio da Casa da Cultura de Vimianzo, 15 de maio ás 20,15 h. no Auditorio do Edificio Multiúsos de Monforte de Lemos e 16 de maio ás 20,00 h. no Teatro Principal de Ourense.

Ao igual que sucedera na vida da propia Manuela Rey, o espectáculo emprega en escena as linguas e os talentos artísticos e técnicos tanto de Galicia como de Portugal. Pola banda galega, Merce Castro, Raquel Crespo e Xosé Lois Romero, quen asina tamén a música, integran o elenco xunto aos intérpretes portugueses Neto Portela, Nuno J. Loureiro, Rafaela Sá e Teresa Vieira. Acompáñaos en escena a arqueóloga do INCIPIT-CSIC Paula Ballesteros, responsábel á súa vez da investigación histórica. Pedro Azevedo deseñou o vestiario e a escenografía, realizada polos técnicos do Centro Dramático Galego, mentres que Nuno Meira encargouse da iluminación. O equipo complétase coas achegas de Neto Portela e Guilherme de Sousa nos apoios á creación e ao movemento, respectivamente.

A misteriosa muller lirio

A partir de textos de Almeida Garret, Eduardo Augusto Vidal, Ernesto Marecos, Manuela Rey, Paula Ballesteros, Sousa Bastos, Xaquín Núñez Sabarís e do propio elenco, o espectáculo tenta reconstruír a memoria arredor da actriz e escritora alcumada “a muller lirio”.

Rodeada de misterio, a historia da súa vida chega á actualidade a partir de fragmentos soltos e contraditorios. Unha das teorías arredor dela sostén que con seis anos foi entregada pola súa familia a unha compañía teatral itinerante coa que percorreu León, Palencia e numerosas localidades portuguesas antes de chegar a Lisboa, onde triunfou no Teatro Nacional D. María II. Ademais de brillar en escena, existen referencias de que escribiu tamén algunhas obras como a comedia A actriz ou proverbio Por este deixarás pae e mãe.

Outros artigos

Martes 20, retorno do anticiclón con algunha inestabilidade

Este martes, volveremos quedar baixo influencia anticiclónica, aínda que persistirá un certo grao de inestabilidade atmosférica. Agárdase unha xornada de alternancia de nubes e claros, con posibilidade de chuvascos illados durante a tarde, sobre todo en zonas do...

+

“Adeus compañeira” – Fernando Sarasketa

No mediodía deste domingo 18 de maio miña nai, Mercedes Sarasquete Alonso (Cheché), finalmente cruzou a porta. Con 93 anos e xa con graves problemas cognitivos e de mobilidade un (eu) tenta prepararse para o inevitábel, e ter sempre presente que cada día podía ser o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Pedro Sánchez e Israel”. José Antonio Constenla

“Pedro Sánchez e Israel”. José Antonio Constenla

Lo último de Pedro Sánchez, convertido en agente propagandístico de Hamas,es tachar a Israel de “Estado genocida”. Más allá del estruendo mediático, lopreocupante no es tanto la acusación en sí, sino lo que representa, porque esun gesto diplomático de enorme calado,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.