Galicia quedará este domingo de Ramos nunha situación intermedia entre as altas e as baixas presións, cunha circulación de ventos do noroeste que marcará o compás meteorolóxico da xornada.
A previsión indica unha baixa probabilidade de choivas, polo que o día estará marcado por ceos parcialmente nubrados e con apertura de claros, especialmente durante a tarde. As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro descenso con respecto aos días anteriores e as máximas rondarán os 20 graos na comarca, mentres que o vento soprará frouxo procedente do noroeste.
A situación será, polo tanto, de transición, con tempo relativamente estable e sen fenómenos meteorolóxicos destacables.

O noso mar; Vento do norte á mañá, do noroeste á tarde e do noroeste á noite, forza 2 a 4 á mañá, 3 a 4 á tarde e 1 a 2 á noite. Marusía á mañá e á tarde e mar rizado á noite. Visibilidade boa á mañá e á tarde e regular á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota
- Praia de Corón Vilanova de Arousa
- O Grove



