O Concello de Muros xa sumou 80 novas vivendas á rede de saneamento local dende o inicio do mandato

16 Abril 2025

O Concello de Muros fixo balance do traballo despregado na actual lexislatura en materia de saneamento nos núcleos do termo municipal, unha liña de traballo suma investimentos por case 1,5 millóns de euros e que, segundo se fai saber no reconto de logros, chegou ás 80 novas vivendas do concello conectadas á rede de saneamento municipal.

“Cando chegamos ao goberno, no verán do 2023, xa sabíamos que tiñamos moito traballo por diante en materia de saneamento, unha prioridade para nós”, explicou a alcaldesa, María Lago, engadindo que durante os primeiros meses do mandato realizáronse actuacións de mantemento na rede en todas as parroquias, á vez que se planificaron obras para levar o saneamento a zonas que carecían do servizo en Serres, Abelleira, Esteiro e Tal.

A día de hoxe, o Concello executou obras en Creo, Trión, no Vilar (Abelleira) e Louro. A isto engádense os traballos realizados na Gardiña, na Rola e en Serres, ao que se suma “a licitación da baixante da marxe esquerda da estrada de Serres”, segundo explicou a concelleira de Obras, Laura Rivadeneira, engadindo que tamén foi adxudicado “o arranxo dunha parte importante da rúa Real, que inclúe as melloras no saneamento, así como as melloras de saneamento en Solleiros”.

Atópase tamén en fase de licitación unha actuación na Ribeira do Maio, que inclúe a substitución da rede de saneamento. O Concello tamén engadiu que nunha recente reunión con Augas de Galicia, a Administración local solicitou financiamento para outros proxectos de saneamento en Bornalle (Abelleira); Insuela (Esteiro), e na AC-550 (tramo Valdexeria-Laxeiras).

Traballos desenvolvidos as semanas pasadas no núcleo da Gardiña

Outros artigos

Poñendo en valor os nosos máis de 2.500 km de costa

A Xunta impulsa o Camiño do Litoral cunha ruta única de norte a sur Alfonso Rueda xunto a un dos sinais identificativos da ruta Galicia conta desde esta tempada estival cun novo proxecto que permitirá a veciños e visitantes desfrutar ao máximo da súa costa ao tempo...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.