O Concello de Muros amplía a rede de saneamento no Vilar, na parroquia de Abelleira

08 Abril 2025

O Concello de Muros realizou obras para ampliar a rede de saneamento no Vilar, na parroquia de Abelleira.

“Cando chegamos ao goberno, no verán do 2023, xa sabíamos que tiñamos moito traballo por diante en materia de saneamento, unha prioridade para nós”, explica a alcaldesa, María Lago, engadindo que “xa que é un servizo público que repercute por outra parte nos bancos marisqueiros, dos que vive moita xente en Muros”.

Pola súa banda, a concelleira de Obras, Laura Rivadeneira, apuntou que “neste caso a actuación é da Brigada de Obras municipal e permite a conexión á rede de saneamento de 17 vivendas en Abelleira, e que reduce de maneira significativa os vertidos incontrolados”.

As obras de saneamento continuarán por todo o concello durante todo o mandato, engadiron.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.