O Concello de Boiro recibe da Deputación da Coruña unha subvención para os custes do persoal de museos

09 Abril 2025

O Concello de Boiro recibiu da Deputación da Coruña unha subvención por importe de 16.000 euros para financiar os gastos de persoal técnico para a atención a museos e centros museísticos durante o ano 2025. Esta axuda vaise destinar ao servizo prestado no Centro Arqueolóxico do Barbanza e Pazo de Goiáns.

O obxecto desta subvención é o financiamento de persoal técnico para a coordinación e atención a museos e centros de interpretación durante o ano 2025, en particular o Centro Arqueolóxico do Barbanza e o Pazo de Goiáns que aumentan de xeito exponencial os seus visitantes durante a época estival.

O Centro Arqueolóxico do Barbanza está cualificado como colección visitábel de contido arqueolóxico e a zona arqueolóxica de Neixón está declarada Ben de Interese Cultural (BIC). O Pazo de Goiáns e a súa contorna conta cun gran interese patrimonial e tamén cultural, espazo no que se desenvolven ao longo do ano numerosas visitas e actividades para o público xeral.

Mediante esta subvención vanse sufragar os custes do persoal que desenvolve a atención ao público e visitas guiadas nos dous centros, así como a coordinación de actividades e exposicións que se desenvolven nos espazos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.