O Concello de Boiro participa no VI Foro Mundial de Desenvolvemento Económico Local

03 Abril 2025

O Concello de Boiro participa, mediante o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, no VI Foro Mundial de Desenvolvemento Económico Local que se celebra en Sevilla. O concelleiro de Política Social, Raúl Treus, estivo estes días no evento xunto con representantes municipais dos concellos de Nigrán, Burela e Tui.

Este foro atende ás prioridades globais na temática da triplo transición, a xustiza social, a formación para o emprego e o territorio, a xestión pública, alianzas político-privadas, así como o rol do sector privado e a economía social e solidaria, o emprego e o traballo decente e o enfoque dunha nova economía.

Neste sexto foro mundial, autoridades de 105 países do mundo, organizacións civís, universidades e diplomáticos amosaron as súas boas prácticas en desenvolvemento económico local nos municipios e as necesidades de financiamento.

O Concello de Boiro reivindicou que se sitúa “entre os mellores exemplos de desenvolvemento local mediante as accións que se levan a cabo no Centro de Formación e Viveiro de Empresas e de xeito transversal en educación e inclusión social”.

O Concello de Boiro pretende contribuír á cooperación e á actividade empresarial. “A cooperación é tamén unha oportunidade económica para as empresas, que poden reverter tamén parte dos beneficios nos territorios”, afirmou o concelleiro Raúl Treus.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.