O Centro de Día do Son acolle este mércores unha xornada sobre coidados

29 Abril 2025

O Centro de Día de Porto do Son vai realizar esta semana, o mércores 30 de abril a partir das 16.00 horas, unha actividade de formación en habilidades e capacidades para persoas coidadoras e familiares de persoas dependentes. Na sesión proporcionaránselles axudas e recursos técnicos que favorezan o seu labor, que lles permitan gañar en eficiencia e eficacia e, tamén, en calidade de vida, benestar emocional e autonomía para as persoas que son obxecto dos seus coidados. A xornada Coidando ao/á coidador/a será impartida pola enfermeira do Centro de Saúde de Porto do Son. As inscricións poden facerse no teléfono 981 198 680. Organizan o Centro de Día, o Concello de Porto do Son e a confederación galega COGAMI.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...