O alcalde de Rois recibe á delegación lusa de Santo André que está de intercambio coa ESMU

11 Abril 2025

O alcalde de Rois, Ramón Tojo, recibiu este venres 11 de abril na Casa Consistorial ao grupo da Escola de Música de Santo André que participa nun intercambio internacional coa Escola de Música de Rois. A delegación do municipio portugués de Santiago do Cacém está formada por medio cento de persoas, entre alumnado, profesorado e familias, e devolve a visita que o pasado mes de novembro lles fixo a ESMU de Rois. Este sábado, 12 de abril, ESMU e EMSA ofrecen un concerto conxunto no auditorio do parque tecnolóxico Cortizo a partir das 18.00 horas.

A primeira xornada do cuarto intercambio internacional que promove o Concello de Rois co alumnado e profesorado da ESMU comezou no auditorio do edificio multiúsos. A delegación portuguesa foi recibida por alumnado da Escola de Música e do Obradoiro de Emprego Terras de Iria, que tiñan organizado un xogo para que os visitantes puidesen coñecer un pouco máis da cultura galega. Como recordo, todas as persoas participantes levaron unha camiseta de agasallo. O artista Camilo Seira interpretou á gaita a canción A Rianxeira.

Despois Ramón Tojo recibiu ao grupo no salón de plenos do Consistorio, dándolles a benvida e desexándolles unha agradábel estadíaen Rois. O alcalde lembrou que este é o cuarto intercambio internacional no que participa a Escola Municipal de Música de Rois, despois dos celebrados en Venecia (Italia), Hungría e Letonia.

Na recepción, o Goberno de Rois obsequiou aos visitantes cuns detalles elaborados pola Asociación AMIPA, marmelada de pementos e uns doziños (caramelos con sabor a pemento), ademais duns doces. Pola súa banda, os representantes da AMSA tamén lles entregaron ao alcalde e ao director da ESMU uns agasallos, ademais dun pan doce típico de Santiago do Cácem.

Logo a comitiva fixo un percorrido pola ruta Rosalía nos Camiños, para coñecer un pouco máis as fermosas paisaxes de Rois. Pola tarde, despois dun ensaio, a comitiva visitou o casco antigo de Padrón e a casa museo Rosalía de Castro.

A delegación portuguesa chegou a Rois este xoves pola noite e xa foi recibida cunha sorpresa. Durante a cea na taberna O Pemento, integrantes do OCT Chorima obsequiáronos cun pequeno concerto de música galega. Este sábado 12 de abril, a comitiva da AMSA visitará Santiago de Compostela pola mañá, e, pola tarde, ofrecerá un concerto conxunto coa Escola de Música de Rois no auditorio do parque tecnolóxico Cortizo, a partir das 18.00 horas.

Outros artigos

Choivas e vento marcarán o luns 19 nas Rías Baixas e en Santiago

O luns 19, San Mario, entrará unha fronte fría polo noroeste que se irá desprazando cara ao leste ao longo da xornada. Esta situación deixará ceos nubrados e precipitacións, que serán máis frecuentes e intensas no terzo norte, onde poderán presentarse en forma de...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Chorar como un tolo”. Luís Celeiro

“Chorar como un tolo”. Luís Celeiro

Choraba como un tolo e nunca pasaba nada. Outros rían como tolos e moitos esperaban, aga ocasión para chorar desesperadamente, como se cada un deles fose unha alma en pena saltandopolas alturas, polos cumes de Pena Trevinca, Punta Negra ou Pena Surbia. Naquelas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.