Monólogo de Agustín Jiménez no Auditorio Municipal de Ribeira o 14 de xuño

03 Abril 2025

O Auditorio Municipal de Ribeira acollerá o próximo 14 de xuño unha noite de humor protagonizada polo recoñecido humorista Agustín Jiménez. O espectáculo, de estilo stand-up, comezará ás 21:00 horas e promete ser unha cita inesquecible para os amantes dos monólogos e da comedia.

As entradas estarán dispoñibles a partir deste venres, 4 de abril, desde as 09:00 horas, tanto en liña a través de Ataquilla.com como de forma presencial na Oficina de Atención Cidadá do Concello de Ribeira. O prezo das entradas é de 18 euros máis os correspondentes gastos de xestión. Para as compras presenciais, o horario de venda será de luns a venres entre as 9:00 e as 14:00 horas, realizándose exclusivamente mediante pago con tarxeta bancaria. Non perdas esta oportunidade para gozar da comedia en directo no corazón de Ribeira!

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...