Mércores 30, chuvias e descenso das temperaturas

29 Abril 2025

Este mércores teremos a chegada dunha fronte asociada a unha borrasca situada ao oeste de Lisboa. As condicións meteorolóxicas empeorarán progresivamente ao longo do día.

Durante a mañá, agárdase un incremento da nubosidade, especialmente nas zonas do sur . As precipitacións comezarán a rexistrarse no sur e avanzarán cara ao norte co paso das horas. Estas chuvias poderán ser localmente fortes e acompañadas de treboadas, estendéndose ata ben pasada a medianoite.

As temperaturas experimentarán un descenso xeralizado, máis acusado nas máximas da metade sur. O vento soprará frouxo e será, en xeral, de compoñente sur.

A situación recomenda precaución nos desprazamentos e actividades ao aire libre, especialmente nas zonas onde se prevén treboadas intensas.

meteogalicia

O noso mar: Vento do sur á mañá, do sudoeste á tarde e do sur á noite, forza 3 a 5 á mañá, 2 a 3 á tarde e 1 a 2 á noite. Marusía á mañá, mar ovellado á tarde e mar rizado á noite. Visibilidade boa á mañá e á noite e regular á tarde. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros á mañá e á tarde e 1 a 1.5 metros á noite.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

  1. Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
  2. Praia de Balieiros directo- Corrubedo
  3. Praia da Ladeira directo- Corrubedo
  4. Praia das Furnas directo. Porto do Son
  5. Praia Aguieira directo.Porto do Son
  6. Portosín. Porto do Son
  7. Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
  8. Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
  9. Centro Náutico do Freixo
  10. Praia de Carnota
  11. Praia de Corón Vilanova de Arousa
  12. O Grove

Outros artigos

Chega a Ribeira a exposición que reivindica o legado de José Suárez

A praza do Centenario de Ribeira acolleu hoxe a inauguración da exposición itinerante José Suárez, vida e obra, que recala en Santa Uxía ata o 29de setembro baixo o amparo da Real Academia Galega de Belas Artes e ao abeiro dos actos promovidos con motivo do Día das...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ayudas sociales: España y Europa” – José Castro López

“Ayudas sociales: España y Europa” – José Castro López

Nadie discute la necesidad de las ayudas sociales propias de cualquier Estado moderno, lo que se discute es su diseño y sus efectos. En este sentido, España ofrece hoy un modelo diferencial cuando se compara con otros países europeos. En los últimos años, el sistema...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.