Mércores 16, mellora o tempo en Galicia tras a retirada do aire frío

15 Abril 2025

Galicia comezará a deixar atrás o aire frío das últimas xornadas este mércores, cunha situación meteorolóxica algo máis estable.

Agárdanse ceos parcialmente cubertos e chuvascos ocasionais durante a mañá, con neve por riba dos 1.200 metros, que irán remitindo co avance do día. A medida que cesen as precipitacións, os claros iranse abrindo, deixando unha tarde máis tranquila en boa parte do territorio.

As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso, tanto nas mínimas como nas máximas, mentres que o vento soprará moderado de compoñente oeste.( mínima 7 graos e máxima 16 graos)

A mellora progresiva das condicións supón un alivio tras varios días marcados pola inestabilidade, aínda que se manterán certas precaucións nas primeiras horas da mañá.

meteogalicia

O xoves agárdase un sistema frontal achegándose a Galicia. Con esta situación, os ceos presentarán intervalos nubrados, con precipitacións que comezarán polo oeste e iranse estendendo ó resto da Comunidade na tarde e noite. As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso. O ventos soprará de compoñente sur, moderado, con intervalos fortes no litoral atlántico.

O venres será un día de moita inestabilidade atmosférica e con presenza de aire frío. Deste xeito, o ceo estará parcialmente nubrado con chuvascos xeneralizados acompañados de tormenta. As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente e as máximas non terán cambios significativos. O vento soprará do suroeste pola mañá e sendo do noroeste a partir do mediodía.

O noso mar: Vento do sudoeste á mañá, do noroeste á tarde e do sudoeste á noite, forza 4 a 6 á mañá, 2 a 3 á tarde e 3 a 4 á noite. Forte marusía á mañá, mar ovellado á tarde e marusía á noite. Visibilidade regular á mañá e boa á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 2 a 3 metros.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

  1. Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
  2. Praia de Balieiros directo- Corrubedo
  3. Praia da Ladeira directo- Corrubedo
  4. Praia das Furnas directo. Porto do Son
  5. Praia Aguieira directo.Porto do Son
  6. Portosín. Porto do Son
  7. Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
  8. Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
  9. Centro Náutico do Freixo
  10. Praia de Carnota
  11. Praia de Corón Vilanova de Arousa
  12. O Grove

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.