María José Gómez pon en valor o bo facer da sociedade agrícola de transformación `A Pementeira´ de Padrón

25 Abril 2025

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, visitou esta mañá as instalacións da Sociedade Agrícola de Transformación A Pementeira, situadas no concello coruñés de Padrón. Alí, puxo en valor o bo facer desta entidade, consolidada como unha cooperativa de referencia na produción, envasado e comercialización do Pemento de Herbón.

María José Gómez louvou o labor desenvolvido polas socias desta entidade, conformada maioritariamente por mulleres, que poñen de relevo o “papel protagonista” que teñen as mulleres no medio rural a todos os niveis. Salientou que A Pementeira mestura tradición con mecanismos actuais e novidosos na súa produción, amparada pola Denominación de Orixe Protexida (DOP) Pemento de Herbón, que no ano 2024 acadou unha produción de preto de 72.200 quilogramos e un valor económico estimado de 290.000 euros.

A conselleira recoñeceu a decidida aposta de A Pementeira pola calidade e a transformación como ferramenta para acadar valor engadido. Este compromiso materialízase a través das súas elaboracións, entre as que destacan as marmeladas, que contan co distintivo de Artesanía Alimentaria.

Esta aposta, asegurou Gómez, é compartida polo Goberno autonómico. Neste sentido, a Consellería do Medio Rural fomentará a activación dunha rede de centros de innovación agroalimentaria no medio rural, dedicada a asesorar aquelas iniciativas empresariais que queiran transformar os seus produtos para multiplicar así o seu valor engadido. A titular deste departamento subliñou que o compromiso co I+D+i e o reforzo da actividade dos Centros de Formación e Experimentación Agraria serán “clave” para outorgarlle aos produtos galegos o recoñecemento axeitado.

Seguindo esta liña, lembrou que a Xunta ten entre as súas prioridades a promoción e posta en valor dos produtos agroalimentarios de calidade que se producen na comunidade. Galicia conta con ata 36 distintivos de calidade, unha das comunidades autónomas con máis denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas. Os selos de calidade levan a cabo un importante traballo como axentes dinamizadores da economía galega e contribúen de xeito significativo á conservación do territorio, da paisaxe e da poboación no rural.

C.P.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.