“Máis de 14.000 millóns de euros para o relanzamento comercial de España”. Antón Luaces

21 Abril 2025

O ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, subliñou este luns o compromiso do Goberno co sector cooperativo a través do pulo da integración asociativa, para que estas empresas do medio rural gañen en dimensión, rendibilidade e competitividade.

O ministerio aposta, de feito, pola integración de cooperativas e outras entidades asociativas co recoñecemento das Entidades Asociativas Prioritarias das que actualmente hai 19 recoñecidas en España. A primeira convocatoria para o fomento da jntegración de entidades asociativas agroalimentarias  supraautonómicas cun orzamento de algo máis de 33 millóns de euros vai realizarse no segundo trimestre deste ano.

O ministro Planas felicitou aos representantes destas cooperativas polo seu IX Congreso Nacional  e repasaron xuntos o estado da situación do comercio internacional ante a imposición unilateral de aranceis por parte de Estados Unidos e trasladou o apoio do goberno ao conxunto do sector agrario, en particular a economía social cooperativa, así como a defensa dun comercio internacional baseado en reglas.

España é o primeiro país da Unión Europea en aprobar, como diciamos, un plan de resposta e relanzamento comercial por valor de 14.320 millóns de euros para defender os produtos e sectores afectados pola actual coxuntura internacional.

Planas é decidido defensor de manter, ampliar e diversificar mercados e pon como  exemplo o acordo con Mercosur que, dixo o ministro, beneficiará  a produtos tan relevantes coma o viño, o aceite de oliva ou outros produtos transformados españois coa apertura a un mercado de 268 millóns de consumidores.

No actual contexto xeopolítico e climático, o sector primario debe ser quen, dixo Planas, de liderar o camiño cara uns sistemas alimentarios sostibles que acaden manter   o vínculo das poboacións en medios rurais e costeiros.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...