Luns 14, xornada de inestabilidade con chuvascos e sarabia

13 Abril 2025

Un pequeno centro de baixas presións atravesará Galicia durante a xornada do luns, Santa Lidia, deixando tras de si unha situación meteorolóxica marcada pola inestabilidade.

Espéranse ceos parcialmente cubertos e chuvascos que poderán rexistrarse en calquera punto da comunidade, algúns deles localmente treboentos e acompañados de sarabia. A medida que avance o día, a cota de neve descenderá progresivamente ata situarse arredor dos 1.200 metros durante a noite.

En canto ás temperaturas, as mínimas manteranse estables, mentres que as máximas descenderán de maneira lixeira a moderada.

Os ventos soprarán inicialmente de compoñente sur, pero xirarán a noroeste ao longo da tarde, momento no que se agardan intervalos fortes no litoral galego.

Chuvascos localmente fortes, acompañados de sarabia e treboadas

A semana presentase con tempo revolto e temperaturas baixas.

O noso mar: Vento do sur á mañá, do noroeste á tarde e do noroeste á noite, forza 3 a 5 á mañá, 5 a 6 á tarde e 4 a 5 á noite. Marusía á mañá e forte marusía á tarde e á noite. Visibilidade regular. Mar de fondo do noroeste á mañá e á noite e oeste á tarde, con ondas de 1.5 a 2.5 metros á mañá, 2 a 3 metros á tarde e 2.5 a 3.5 metros á noite.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

  1. Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
  2. Praia de Balieiros directo- Corrubedo
  3. Praia da Ladeira directo- Corrubedo
  4. Praia das Furnas directo. Porto do Son
  5. Praia Aguieira directo.Porto do Son
  6. Portosín. Porto do Son
  7. Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
  8. Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
  9. Centro Náutico do Freixo
  10. Praia de Carnota
  11. Praia de Corón Vilanova de Arousa
  12. O Grove

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...