Licitado o subministro de equipamento para investigacións do Servizo de Anestesia e Reanimación da área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza

25 Abril 2025

Portal de Contratos de Galicia publica, por medio da Fundación Pública Galega Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (FIDIS), a licitación, por importe de 187.550 euros, do subministro de diverso equipamento para investigacións sanitarias do servizo de anestesia e reanimación da Área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza.

As empresas interesadas neste contrato teñen de prazo ata o 9 de maio para presentar as súas ofertas.

O Servizo de Anestesia e Reanimación desta área sanitaria é referente na realización de estudos e ensaios clínicos, con 45 estudos activos na  actualidade, dos que a súa xestión corresponde á Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (FIDIS).

A adquisición deste equipamento ofrece unha oportunidade estratéxica para a realización de estudos e ensaios clínicos nun centro de referencia como é o Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela e permitirá a obtención de datos estandarizados e de alta calidade, fundamentais para investigacións biomédicas avanzadas, garantindo ao mesmo tempo a seguridade e benestar dos pacientes.

A incorporación desta equipación posibilitará desenvolver investigacións pioneiras, publicacións científicas e a formación de profesionais, o que contribúe a posicionar ao hospital como un referente en innovación tecnolóxica e clínica.

Equipamento clave

O obxecto do contrato é o subministro dun ecógrafo de alta precisión e dun ecocardiógrafo portátil, ademais dun monitor hemodinámico compatible con resonancia magnética para consolidar programas de estudos e ensaios clínicos no servizo de reanimación desta área sanitaria.

Este equipamento que se licita conta con capacidade para xerar datos estandarizados e reproducibles que son clave en investigacións multicéntricas e protocolos de avaliación de novas terapias e dispositivos médicos.

No caso dos ecógrafos de alta gama, permiten a obtención de imaxes de calidade superior, fundamentais para ensaios clínicos e estudos poboacionais. Respecto da monitorización hemodinámica, durante os estudos de resonancia magnética é fundamental para garantir a seguridade do paciente, particularmente en ensaios clínicos que impliquen procedementos prolongados ou con sedación.

Ademais, a capacidade destes equipamentos para rexistrar parámetros en tempo real proporciona datos cruciais en investigacións fisiolóxicas e farmacolóxicas.

Entre os beneficios para estudos clínicos está a obtención de imaxes tridimensionais para estruturas anatómicas, o rexistro automatizado de parámetros en áreas como cardioloxía, vascular ou medicina fetal, así como a integración con sistemas hospitalarios e bases de datos de ensaios clínicos.

Outros artigos

Venres de transición nas Rías Baixas e Compostela

Ceo presentará nubes de tipo alto que non impedirán o paso do sol e nubes de evolución Galicia encara este venres 8, San Caetano, baixo unha atmosfera pouco definida que deixará sentir os seus contrastes máis acusados no eixe que conecta a capital galega coa liña...

+

A Regata Rías Baixas fará escala na Pobra o vindeiro 14 de agosto

A Pobra do Caramiñal acolleu este xoves a presentación da etapa da Regata Rías Baixas, que terá como destino a vila o vindeiro venres 14 de agosto, procedente de Portonovo. Trátase dunha das citas máis destacadas do calendario náutico galego, que reunirá na localidade...

+

Poñendo en valor os nosos máis de 2.500 km de costa

A Xunta impulsa o Camiño do Litoral cunha ruta única de norte a sur Alfonso Rueda xunto a un dos sinais identificativos da ruta Galicia conta desde esta tempada estival cun novo proxecto que permitirá a veciños e visitantes desfrutar ao máximo da súa costa ao tempo...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.