José Ramón Romero e Roberto Lojo visitan o alumnado de carpintería do Obradoiro de Emprego Torre Goiáns IV (Boiro)

04 Abril 2025

O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, e o concelleiro de Comercio, Formación e Emprego, Roberto Lojo, visitaron na mañá deste venres 4 de abril o alumnado do taller de carpintería do Obradoiro de Emprego Torre Goiáns IV que desenvolve o Concello de Boiro. Foron recibidos polo director do mesmo, Ramón Caamaño, e polo seu alumnado.

O obradoiro que se está a desenvolver ten unha duración de 9 meses e forma 20 alumnos/as traballadores nas especialidades de Instalación en elementos de carpintería e Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas. As persoas participantes contan cun contrato de traballo para formación e aprendizaxe a tempo completo de 40 horas semanais mediante o que se forma de xeito teórico e tamén práctico.

O taller de carpintería está situado no Centro de Formación e Viveiro de Empresas de Espiñeira, no que o alumnado realiza os traballos de mellora de cerramentos de madeira para o Pazo de Goiáns, mellora das pasarelas de madeira do Camiño A Orixe ao seu paso polas praias de Barraña, Carragueiros e Mañóns…

Para levar a cabo o Obradoiro de Emprego Torre Goiáns IV, o Concello de Boiro recibe da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia unha subvención por importe de 411.628 euros para desenvolver obradoiros duais de emprego.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.