Incendio nun garaxe na rúa Raposiños, na Pobra do Caramiñal

05 Abril 2025

Os bombeiros dos parques provinciais de Boiro e Ribeira foron alertados pasadas as 21:15 horas deste venres 4 de abril dun incendio nun garaxe da rúa Raposiños, no concello da Pobra do Caramiñal, que inicialmente se apunta que afecta a diversos automóbiles.

Unha vez no lugar os bombeiros identifican o lume nun garaxe anexo a unhas vivendas. O teito e o portón sucumbiran ante as chamas polo que o lume era visible desde o exterior. O operativo consistiu na extinción do lume e na comprobación das medidas de seguridade. Tan só houbo que lamentar danos materiais xa que o incendio calcinou un vehículo e mobiliario.

Completaron o operativo Policía Local, Garda Civil e Protección Civil.

Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento A Coruña

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

O beber demasiado alcol, o fumar, o non facer exercicio, o abusar das drogas ou o comer alimentos que nos fan dano, son algunhas das ameazas para a nosa saúde que provén do modo e o estilo de vida de cada un de nós. Resulta extraordinariamente preocupante de que o...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.