Incendio nun chiringuito de praia na praia de Coroso, en Ribeira

07 Abril 2025

Este domingo ás 19:15 h, o Parque Provincial de Bombeiros Ribeira recibiu un aviso por un incendio nun chiringuito de praia no concello de Ribeira, preto a Escola Náutica. Unha vez no lugar do incidente, os bombeiros observaron que o lume afectaba a un lateral do establecemento, que estaba formado por un contedor tipo container.

Tras realizar unha avaliación inicial, os bombeiros comprobaron que non existía risco de propagación a outros elementos da contorna e se equiparon cos equipos de protección para proceder á extinción do lume. Unha vez controlado o incendio, aplicouse escuma sobre toda a zona afectada para evitar a reavivación. Realizouse unha revisión final para garantir que non quedasen rescaldos incandescentes entre os materiais almacenados no interior do contedor. Completou a intervención Policía Nacional e Policía Local de Ribeira. 

Bombeiros de Ribeira

O lume afectou tamén o dibuxo de Manuel Ayaso que quedou destruído polo lume.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.