Incendio no Pazo de Faramello, no concello de Rois

25 Abril 2025

A primeira hora da mañá deste venres 25 de abril, o Parque Provincial de Boiro tivo que intervir na extinción dun incendio declarado no interior do Pazo de Faramello, no concello de Rois.

O lume afectou por completo unha das habitacións do inmóbel e o resto do edificio resultou afectado polo fume. Debido á magnitude do incidente, mobilizouse tamén o Parque de Ribeira, aínda que a súa intervención foi anulada cando xa se atopaba en camiño.

Na operación contouse coa colaboración do GES de Padrón e da Garda Civil.

Foto dos bombeiros do Parque Provincial de Boiro

Outros artigos

Mércores 28, xornada de tempo seco e máximas en ascenso

A metade oeste concentrará a maior parte da nubosidade, mentres que os termómetros gañarán graos durante as horas centrais do día. A comunidade galega vivirá este mércores unha xornada marcada polo tempo seco e un ascenso moderado das temperaturas máximas, como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Realidade e legalidade” – José Manuel Pena

“Realidade e legalidade” – José Manuel Pena

Sen dúbida unha cousa é a realidade e outra moi diferente a legalidade vixente. Desde algúns colectivos sociais e plataformas cidadás atópanse, con demasiada frecuencia, co muro do despropósito de moito gobernantes. Case sempre apelan á “legalidade” para non deixar de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.