“Importantes sancións económicas por fondeo de iates en pradarías de posidonia mediterránea”. Antón Luaces

25 Abril 2025

Os patróns e  capitáns de barcos xa non teñen excusa para fondearen en zonas protexidas do Mar Mediterráneo. 

O pasado mércores, un patrón profesional foi condeado en apelación polo xulgado de Marsella (Francia) por ter fondeado nunha zona protexida na que hai pradarías de posidonia, a máis de se lle prohibir fondear embarcacións de máis de 20 metros de eslora.

A multa foi de 5.000 euros, 3.000 deles están suspendidos, que o patrón debe pagar polos danos á flora marítima ao bordo de augas francesas, monegascas e italianas.

Recoñecida polo seu papel na osixenación e estabilización do fondo mariño, a posidonia é unha especie mariña protexida obxecto dun extenso programa de observación. 

Non foi esta a primeira vez que os xuíces recoñecen un dano ecolóxico relacionado con danos nas pradarías de posidonia. O xulgado marítimo xa confirmou o pasado mes de novembro o dano ecolóxico a nivel civil e condeado aos capitáns de dous iates a pagar senllas indemnizacións de 86.537 euros (ao “Despegue”) e 23.423 euros (ao “Meu Falcón”) en concepto de compensacións pola perda de valor ecosistémico por teren fondeado en zonas prohibidas por decretos do Prefecto Marítimo do Mediterráneo. O jmporte destas sancións foi destinado a operacións de restauración ecolóxica das pradarías de posidonia. Tamén pagaron 5.000 e 4.000 euros, respectivamente, por danos morais ás partes civís, unha decisión que xa sentou precedente. 

As pradarías de posidonia son unha especie endémica do mar Mediterráneo que non está presente en ningún outro mar do mundo. Podemos atopala entre a cota superficial, ata os 30-40 metros de profundidade en función do transparente das augas.

 Vai unha semana, a Plataforma Augas Limpas e o club de mergullo Ons levaron a cabo un mergullo na contorna da praia de Arneles, na ribeira do Hío (ría de Aldán) que provocou unha inmensa decepción: os fondos mariños dunha das zonas máis frecuentadas e fermosas desta ría están ateigados de lixo e, aínda máis lamentable, sen pegada da alga zosteira, fundamental para a conservación da fauna mariña e polo seu aporte de osíxeno. Esta é unha evidencia do dano que soporta esta ría polo fondeo incontrolado na mesma de embarcacións de todo tipo. Máis Galicia debe ser “sitio distinto”: aquí non se sanciona a ninguén de ningures polo fondeo indebido de embarcacións en prácticamente todo o litoral, dende xa responsabilidade da comunidade autónoma. Ben pode comprobarse nas rías de Arousa e Muros-Noia, por non  citar a todas elas, atlas ou baixas. E será porque un Prefecto Marítimo do Mediterráneo ten máis responsabilidade ca un conselleiro do Mar?.  

Outros artigos

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...

+

“Cuando el silencio se hace oración” – José Antonio Constenla

La primera visita del Papa a España, algo más que un viaje pastoral, ya forma parte de la historia. Nuestro país está viviendo unos días extraordinarios, cargados de emoción, simbolismo y esperanza, que permanecerán durante mucho tiempo en la memoria colectiva de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Nosotros no somos el Estado”. Manuel Dominguez III

“Nosotros no somos el Estado”. Manuel Dominguez III

"El estado soy yo" (L'État, c'est moi) es una célebre frase atribuida al rey Luis XIV de Francia (el "Rey Sol"). Él y otros como él si son estado, pero nosotros no somos estado. Nosotros somos los que alimentamos al estado, es decir el menú del estado Trabajamos seis...