Goiáns acolle este venres a presentación de “O que nos conta o mar de Arousa”

08 Abril 2025

O Pazo de Goiáns (Boiro) vai acoller este venres 11 de abril os detalles do proxecto O que nos conta o mar de Arousa, a partir das 20.00 horas. Trátase dunha iniciativa do GALP Ría de Arousa e o Concello de Boiro que involucra catro sectores relevantes como son o mar, a cultura, a educación e a investigación. A primeira do proxecto consistiu na elaboración e impresión de obras literarias infantís e na creación de materiais didácticos de apoio. A segunda é a difusión mediante a intervención lectora en escolas de primaria a cargo de persoas do sector do mar e profesionais da divulgación.

O obxectivo do proxecto é a “transmisión do coñecemento xerado en universidades e centros de investigación ás xeracións novas a través de obras literarias infantís e de materiais didácticos asociados ás mesmas, así como a transmisión do patrimonio inmaterial vinculado á pesca e o marisqueo da ría de Arousa”. Preténdese dar respostas a cuestións centrais do cambio climático, pesca e sostibilidade do medio mariño baseadas no rigor científico. Ao mesmo tempo preténdese promover a carreira investigadora e as profesións asociadas ao marisqueo e a pesca espertando o interese nas novas xeracións. As obras literarias incidirán no rol da muller na ciencia e no mar e empregarán historias mariñeiras tradicionais, coñecementos e saberes populares característicos do sector na ría de Arousa e a talasonimia asociada, para fortalecer a conservación dos mesmos nas xeracións devandeiras.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.