Galitoon leva a Abanqueiro o espectáculo para a rapazada “Rosalía, a pulga que escribía”

09 Abril 2025

O Centro Social de Abanqueiro (Boiro) acolle este venres 11 de abril un novo espectáculo para a rapazada da parroquia e do concello: Rosalía, a pulga que escribía. Será ás 20.00 horas, con entradas na billeteira dende unha hora antes do inicio da función. Trátase dun espectáculo da compañía Galitoon para público infantil e familiar

Rosalía, a pulga que escribía é un espectáculo orixinal do que nace a serie de animación Tutu, de Ficción producións, e que se emite na canle estatal Clan TV. Esta é a historia dunha pulga moi pequena chamada Rosalía.Todos os días escribe unha carta, métea nun sobre e entrégalla ao carteiro motorizado, Bruno, o Canguro. Cada carta ten un destinatario peculiar: unha toupa que non ve, unha ovella que non sabe ler, unha xirafa que perdeu as súas lentes e un elefante que só fala inglés. A mensaxe das cartas é igual para todos: “Na próxima lúa chea, festa en casa de Rosalía.”

A lúa chea aproxímase e todos van recibindo a súa invitación. Todos menos Bruno. Por que?

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.