“Galicia xa é responsable do seu litoral: 1.500 quilómetros de costa e unha nube de guindastres” – Antón Luaces

09 Abril 2025

Xa. 

Chegou o día, veu a hora e as administracións do Estado e da Xunta de Galicia xa estamparon no pazo de Raxoi as sinaturas do acordo de transferencia de competencias de ordenación e xestión do litoral de Galicia. 

Foi, é, no decurso da 44ª Comisión Mixta de Transferencias Estado-Comunidade Autónoma de Galicia, na que se formalizou o traspaso das competencias sinaladas. Foi a primeira transferencia de competencias realizada en 17 anos e ningunha das máximas autoridades presentes neste acto de hoxe tiñan  daquela os cargos actuais: novatos, polo tanto.

Non  deixa de ser chamativo que este traspaso se produza case un ano despois de que o Tribunal Constitucional, mediante sentenza, anulara a Lei de Ordenación e Xestión Integrada do Litoral de Galicia (Loxilga), empregando para elo o recoñecemento  de aplicar a exclusiva competencia da comunidade sobre o bordo litoral ao mesmo tempo que sobre os usos e actividades que esa amplísima zona poderá acoller.

Dáse a circunstancia de que, nada máis asinar hoxe polo mediodía o acordo do traspaso de competencias do litoral xurdiran as primeiras voces esixindo  o estrito cumprimento do acordo de transferencia do litoral de Galicia polo temor a que a asunción destas competencias non sexa outra cousa que a posibilidade de inzar de guindastres o bordo litoral galego cos que reanudar a vella tradición de construir a pé de praia e mesmo privatizar areais que, a día de hoxe, podemos desfrutar calquera cidadán.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, dixo onte que non desbota reclamar ao Goberno central as competencias sobre permisos de traballo e residencia de cara a facilitar a chegada a esta comunidade autónoma de traballadores estranxeiros cos que cubrir postos vacantes de traballo debidos ao “declive demográfico”. Ben levado, non sería malo, tendo en conta que Ferrol, Ourense, Vigo, Pontevedra e A Coruña son os cinco municipios galegos con máis paro, cun total de 119.155 persoas en  paro no pasado mes de marzo de 2025, o que supón un -1.51% a respecto do mes anterior. 

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...