Galicia impulsará a xestión do litoral con novas medidas e regulacións

14 Abril 2025

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou que o Catálogo do patrimonio cultural do litoral de Galicia será aprobado no último trimestre deste ano. Este catálogo, unha das primeiras medidas postas en marcha ao abeiro da Lei de ordenación e xestión do litoral, busca inventariar e protexer elementos culturais e históricos da franxa costeira galega.

A aprobación desta iniciativa forma parte do desenvolvemento das competencias que Galicia asumirá plenamente a partir do 1 de xullo, tras o acordo histórico de traspaso de servizos e recursos por parte do Goberno central. Este proceso implica a transferencia de 36 postos de traballo, 11 vehículos e un financiamento de 1,2 millóns de euros anuais para a xestión costeira.

Entre as accións destacadas atópase o impulso dun Pacto galego polo litoral, destinado a promover un modelo de desenvolvemento sostible na zona costeira. Así mesmo, no último trimestre do ano está prevista a aprobación das Directrices de ordenación do litoral (DOL), que establecerán o marco de referencia para futuras regulacións.

Outras iniciativas inclúen a creación do Foro do Litoral de Galicia, un órgano de participación e consulta, e a Comisión interdepartamental de coordinación do litoral. Ademais, modificarase a normativa vixente para integrar e simplificar os procedementos administrativos relacionados co uso da costa.

 Rueda lembrou que a comunidade galega ten a costa máis extensa de España: algo máis de 2.500 quilómetros, contando o perímetro costeiro pero tamén illas, illotes, marismas e areais. Unha realidade xeográfica que a diferencia doutras comunidades e explica por que o seu modelo produtivo e forma de vida estiveron historicamente ligados ao mar e, por tanto, requiren criterios e regulacións específicos.

A conselleira, pola súa banda, indicou tamén que esta lei permitirá levar a cabo a xestión de “1,6 millóns de hectáreas” marítimas e terrestres en “86 concellos” que concentran “ao 58% da poboación galega”, é dicir, 1,5 millóns de persoas.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...