Gadis dá voz aos seus produtos locais na nova campaña “Moito que contar”

24 Abril 2025

A cadea galega Supermercados Gadis lanzou unha segunda edición da campaña de apoio aos produtores locais Moito que contar co obxectivo de “poñer en valor e mostrar o importante labor que desenvolven á hora de abastecer os lineais dos seus establecementos de produtos frescos, saudábeis e sostibles”. A iniciativa Moito que contar tamén pon o foco en “destacar os múltiples beneficios de consumir produto local, tanto para o consumidor, como para a contorna, valores que comparte a empresa 100% galega desde a súa fundación”.

Nesta segunda edición acúñase o termo de A Antemesa, un momento previo á comida, onde o protagonismo tómano os produtos e a súa historia.

A campaña está formada por oito pezas de vídeo que mostran de primeira man as historias que hai detrás de diferentes produtores de Galicia e Castela e León. A peculiaridade da mesma atópase en que a voz que narra cada unha das pezas correspóndese ao propio produto que chega ao lineal de Supermercados Gadis: unha leituga, un grelo, unha pescada…

Cun ton próximo, os diferentes produtos contan como é a súa vida e o seu día a día desde que nacen, ata que chegan ás mesas de cada cliente de Supermercados Gadis. “Isto permite ao público ser consciente de todo o esforzo, agarimo e tradición que fai do produto local algo único, engadindo un valor engadido ao seu consumo”, sinalan dende o grupo galego, engadindo que as distintas pezas que conforman a campaña pódense ver na web Muchoquecontar.com, unha páxina propia da campaña onde tamén se atopa información complementaria.

Outros artigos

O Concello da Pobra presenta o VII Ciclo Victoriano García Martí

O Concello da Pobra do Caramiñal presentou na mañá deste 14 de abril o VII Ciclo Victoriano García Martí, unha iniciativa xa consolidada no calendario cultural do municipio que rende homenaxe a unha das figuras máis destacadas da súa historia. A programación,...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“O sinal dos paxaros”. Luís Celeiro

“O sinal dos paxaros”. Luís Celeiro

Foi, dende a cidade onde vive e traballa, ao lugar onde permanece co teito enteiro a casa ondenacera, a mediados do século pasado. Alí, nunha das vigas de castiñeiro daquel enorme e baleirocurral, estaban as andoriñas facendo o niño. Ían e volvían enseguida con terra...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.